“Información básica sobre protección de datos”
A Deputación da Coruña ten como unha das súas prioridades garantir o dereito fundamental á protección dos datos persoais, tanto dos usuarios que se relacionen con ela como dos propios empregados públicos ao seu servizo.
Coa finalidade de prestar os servizos públicos e realizar as funcións que ten atribuídas, a Deputación da Coruña solicitará dos interesados que acheguen unicamente aqueles datos que sexan estritamente precisos, constituíndo o exercicio do poder público, a base xurídica do tratamento. Noutro caso, o consentimento do interesado deberá manifestarse de xeito informado, expreso e inequívoco, ao tratamento destes datos, que serán incorporados en todo caso ao Rexistro de Actividades de Tratamento.
É desexo desta Deputación que os interesados conten coa información concisa, transparente, intelixible e de fácil acceso para decidir de forma expresa, libre e voluntaria se desexa facilitar os seus datos na forma que se require.
Os datos facilitados á Deputación serán tratados exclusivamente para a finalidade para a que foron recadados e non se ceden a terceiros agás nos casos legalmenteprevistos.
Neste sentido, téñense adoptado as medidas técnicas e organizativas precisas para evitar a destrución, perda ou alteración accidental ou ilícita de datos persoais ou a comunicación ou acceso non autorizados a estes datos, susceptibles en particular de ocasionar danos e prexuízos físicos, materiais ou inmateriais. No suposto de que ocorra algunha destas incidencias, a Deputación comunicarao á Axencia Española de Protección de Datos así como ás persoas afectadas, salvo que xa se adoptaran medidas que garantisen a confidencialidade dos interesados (datos cifrados).
As comunicacións que faga o interesado a través da web que conteñan datos de carácter persoal faranse mediante un sistema de comunicación de contorna segura que se estableceu para garantir, na medida do posible, a confidencialidade da información, conforme ao Esquema Nacional de Seguridade.
O interesado poderá verificar que está nesta contorna segura comprobando que na súa pantalla figura un cadeado fechado.
Responsable do tratamento
Sede Electrónica
A sede electrónica é unha prolongación da oficina administrativa tradicional, dispoñible para que a cidadanía poida realizar os seus trámites as 24 horas dos 365 días do ano. A sede electrónica garante en todo momento a identidade, integridade e autenticidade do cidadán a través dos “Certificados electrónicos”. A Deputación da Coruña, responsabilízase daintegridade, veracidade e actualización da información e os servizos publicados dentrodesta.
Portal de transparencia
En atención ao principio de publicidade activa previsto na normativa sobre transparencia, os usuarios poden consultar, a través do Portal de Transparencia, distinta información de carácter xurídico- institucional, organizativa, económica, orzamentaria e estatística.
Dereitos dos interesados
Con carácter xeral, infórmaselles a todos os usuarios que poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, portabilidade dos datos, oposición e limitación do seu tratamento, dirixíndose por escrito ao Rexistro de Entrada da Deputación Provincial da Coruña, no enderezo Avenida Porto da Coruña, nº 2- 15003 A Coruña, ou ben a través da Sede Electrónica. Para calquera outra dúbida poden dirixir un correo ao enderezo delegadodeprotecciondedatos@dacoruna.gal. Para facilitar o exercicio dos dereitos, a Deputación pon ao seu dispor un modelo de solicitude (https://www.dacoruna.gal/documentacion/impresos-oficiais”